Actualidad

A Autoridade Portuaria renova o seu compromiso con DOWN Vigo

  • O  convenio permitirá realizar prácticas formativas na Autoridade Portuaria durante un período inicial de seis meses
  • Sara está ilusionada e ten “moitas ganas de aprender as tarefas”

Este luns, DOWN Vigo e Autoridade Portuaria renovaron o seu convenio de colaboración en favor da inclusión laboral de persoas con Síndrome de Down e diversidade intelectual. Un ano máis, a firma deste acordo permite a realización de prácticas formativas no organismo portuario. Así, Sara realizará tarefas administrativas durante seis meses no Departamento de Asuntos Xurídicos, nas oficinas centrais da Autoridade Portuaria, dixitalizando documentación.

Á firma do acordo, que suporá unha oportunidade laboral para Sara, asistiron Carlos Botana, Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo; Alberto Fuentes, Xefe de Departamento de Asuntos Xurídicos da Autoridade Portuaria de Vigo, José Manuel García Orois, Presidente de DOWN Vigo; Roberto Campo, Director Xerente de DOWN Vigo; e Isabel Sierra e Sebastián Álvarez, prospectora e preparador laboral da entidade, respectivamente. 

Para Sara, esta oportunidade chega despois de completar a súa formación académica con proxectos das especialidades de Comercio e Reprodución e Arquivo, así como formación superior inclusiva da rama administrativa nas instalacións da Universidade de Vigo. As súas primeiras sensacións son moi positivas: “o primeiro día de traballo foi superbien. Os compañeiros son moi simpáticos e teño moitas ganas de aprender as tarefas”. Para ela, esta oportunidade é o inicio do camiño cara a unha vida autónoma e independente: “no futuro, gustaríame ter un traballo de tipo administrativo e vivir coa miña parella”. 

Dende DOWN Vigo agradecemos á Autoridade Portuaria o seu compromiso coa inclusión das persoas con Síndrome de Down e diversidade intelectual, o cal queda demostrado de novo con outra oportunidade de inclusión laboral ao longo dos anos. Animamos a Sara a continuar co seu esforzo para alcanzar as súas metas laborais e persoais. 

Suscríbete ao noso boletín de noticias

Se queres estar ao día das nosas actividades e noticias, subscríbeche ao noso boletín electrónico mensual. Para iso, só tes que facilitarnos a túa dirección de correo-e. Poderás darche de baixa cando queiras enviando un correo-e a downvigo@downvigo.org ou a través do formulario de contacto

    Responsable de tratamiento: Sus datos serán tratados por DOWN VIGO: ASOCIACION PARA EL SINDROME DE DOWN con domicilio social en Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra). Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para poder enviar comunicaciones (boletines de publicidad, newsletter y envío de contenido promocional), con base legal en el consentimiento expreso. Cesiones: no serán cedidos a terceros salvo obligación legal. Plazo: Sus datos serán tratados el tiempo estrictamente necesario para el cumplimiento de la finalidad o finalidades concretas que motivaron su recogida o, en todo caso, hasta que sean cancelados en respuesta al ejercicio por parte de su titular de los derechos correspondientes. Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos a través de este formulario de contacto o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: downvigo@downvigo.org, o también por escrito, adjuntando una copia de un documento acreditativo de su identidad a la dirección: Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra) Información adicional: Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de datos en nuestra política de privacidad"
    This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.